Ruta de San Pedro de Rocas - Alto do Couso

Tremenda ruta a feita este fin de semana dende O Garaxe, non só pola ruta, senón pola compaña de Juan Ferreiros, Abelbone e Carlos "pacitos".
O venres chegaron os convidados, Abel e Juan quedaron na miña casa e Carlos na casa de Toño Rivas. Ceamos todos xuntos en compañía das rapazas e deitamonos cedo para estar descansados pensando na ruta do sábado. As dúbidas sobre a climatoloxía disiparonse o amencer cun día esplendido en toda a provincia.



A saida tivo lugar as 9:00 dende O Garaxe onde esperaban Antonio, José Manuel, Alberto, Roberto, José Ferro, Dani, Jose Antonio, e Marcos.
Comezamos subindo por unhos sendeiros que nos levaron a Castadón, cunhas pendentes bastante grandes que nos fixeron entrar en calor a lume de carozo. O grupo notábase feliz, moitos sorisos e bromas que se prolongaron toda a mañá. Unha vez en Castadón desviamonos hacia a Chaira e Chaodarcas onde a parte máis levable da ruta tocou o seu fin.
Nas inmediacións de San Pedro de Rocas encontrámonos as primeiras zonas técnicas xa coñecidas polos nativos e que comezaron a facer as delicias dos "extranxeiros", só había que verlle a cara a Abel para darnos conta que acertáramos na selección do percorrido.
Unha vez no Mosteiro, tomamos as fotos de rigor e Juan aproveitou para empaparse de coñecementos facendo unha pequena visita o interior da construcción.



Apartires de este punto podemos considerar a ruta coma unha sucesión de baixadas frenéticas "long travel". Primeiro ata Esgos onde Abel decidiu que Toño debía baixarse da bici polo civil ou polo criminal... jejeje, e despois dende o Alto do Couso ata a zona de Monterrey. Ningún incidente nestas baixadas o que da nota do nivel do persoal asistente, só unha pequena visita de "Messié Massó" a David que derivou na sua retirada con Jose Manuel un pouco antes de tempo.



Cando as forzas xa estaban algo mermadas, e quizais, cando xa todo o mundo daba por rematada a ruta, o track reservábanos unha última subida o campo de golf, coas correspondentes baixadas pola romana de Montealegre e o barrio do Cuco, estes dous puntos foron a traca final dun día incrible en compaña dunha xente a que un se queda sen palabras de agradecemento polos bos momentos pasados.
Só faltaba lavar as bicis, duchiña rápida e comida copiosa en Spaguetti Rock cunha sobremesa que se alongou ata as 20:30.
A seguinte en Pontevedra, so falta a data.

O track por cortesía de Antonio Arias:

Wikiloc

*Fotos Daniel Ellacuriga "katxupi"