Cangas-Vigo 15/01/2011

Estreamos as entradas de 2011 cun rutón dos que se recordan toda a vida, esta vez ninguén de Ourense me acompañou pero en Cangas esperaban Marajota e os seus amigos de Bike ou non vai xunto cos xa habituais compañeiros e amigos de Pontevedra, Juan Ferreiros, Paco Newman, Oscar "Triki" e Anxo "O galgo do Lérez".
Esta vez a mañá comezou moi cedo, o reloxo espertou as 7:00 AM, escasas 6 horas durmidas, almorzo rápido e saida de Vigo dirección Centro Comercial a Laxe para coller o barco a Cangas as 8:30.
As mellores imaxes do día chegaban ainda sen comezar a dar pedal co espectáculo do amencer no medio da Ria de Vigo.





Aproximádamente as 9:00 chegaba a Cangas onde agardaba impaciente Marajota cos seus socios, minutos despois chegaban os pontevedreses para comezar a ruta. Saudos, apretóns de mans, apertas, presentacións, preparación do material e saida entre risas e as primeiras bromas entre Anxo e Oscar.





Nos primeiros kilómetros comezamos a ascender cunhas fermosas vistas da ria ata a zona de Moaña e o Paralaia, unhos sendeiros encharcados que xa fixeron as delicias do grupo seguidos de varios tramos por pista ata o alto onde as primeiras escaramuzas xa comezaron a cargar as perniñas. Unha vez arriba tomamos o primeiro petisco para continuar por unha zona un pouco rompepernas cunhos tramos de baixada moi divertidos.



Foto "Marajota"


A seguinte ascensión inda que algo máis corta levounos a unha zona xa coñecida por min, o Lago Castiñeiras, onde o grupo se separou, os integrantes de Cangas retornaban a sua vila e nos continuamos co obxectivo de chegar a Vigo. No último momento, despois da chamada telefónica pertinente o amigo Matiño de Cangas decidiu acabar a ruta con nós. Neste momento xa só estabamos a xente de Pontevedra, Matiño e máis eu. Logo dunhos intres de deliveración Paco decidiu cargar ca responsabilidade de levarnos ata Vigo.





Esta parte da ruta tamén foi moi vistosa pasando por Pontesampaio, Arcade, Redondela... pensabamos que xa tiñamos o traballo feito pero xusto na saida de Redondela atopamonos cun muro que acabou cas poucas forzas que levavamos, non esaxero cando digo que a pendente media durante un kilómetro debeu de rondar o 20-25%. Apartir de ahí entramos na senda da auga que nos levou ata Vigo onde me separei do grupo, tocaba ducha quente e comida copiosa na casa da sogra mentres que o resto dos compañeiros tiveron que coller o Barco para a volta a Cangas.





O tempo acompañounos, foi incrible a temperatura que tivemos para estar en xaneiro. Penso que todo o mundo se divertiu e quedou con ganas de repetir outra aventura deste tipo, por que non, en terras ourensans.

Mais fotos en:Picasa

O track: Wikiloc